Home » Finanzas, Opinión

¿Maquillaxe ou cambio real na banca?

25 Marzo 2011 0 Comentarios

¿Maquillaxe ou cambio real na banca?

redacción falaRSE

Por Esteban Barroso, director xeral de Tríodos Bank

Existen tres cuestións entrelazadas entre si e que explican a difícil situación actual que vivimos no mundo: un sistema financeiro complexo, o cambio climático e unha pobreza global profundamente enraizada. Modificar as bases dun sistema financeiro que fracasou para satisfacer aos que debía servir, daríanos unha oportunidade para encontrar unha solución duradeira aos problemas sociais e ambientais máis urxentes.

¿Que papel pode desempeñar o sector bancario para achegar solucións duradeiras ás grandes cuestións actuais? E que debe cambiar no sector financeiro para que os bancos poidan financiar o cambio? Estes desafíos bríndannos unha grande oportunidade para demostrar que os bancos e as caixas de aforro son algo máis que simples empresas cuxo produto é o diñeiro. É preciso, entre todos, contribuír ao desenvolvemento dun novo sistema financeiro no que as entidades de crédito fagan o que realmente deben facer: financiar unha economía física ou “real”, sólida, que proporcione os produtos e servizos que necesitamos.

O diñeiro canalízase a través do sector financeiro, onde a banca desempeña un papel crucial. Polo tanto, a clave está nos cambios que poden producirse nestas institucións, ademais do comportamento individual. Non é posible seguir un estilo de vida máis sostible se o sistema financeiro non se fai máis sostible. Os recentes debates sobre a crise céntranse en recuperar a confianza no sector e nun maior acceso de capital. Segundo esta proposta, con máis capital os bancos poderían xestionar mellor os impactos. Tamén debería mellorarse a xestión do risco, co fin de evitar que primeiro se produzan estes impactos. O que suxire este pensamento é que abondaría simplemente con retocar levemente o sistema actual. Pola contra, é necesario un cambio quizais máis radical das finanzas para poder construír unha economía mellor e abordar os problemas reais que nos acucian, como o cambio climático e a extrema pobreza.

Se se quere recuperar e aproveitar o seu verdadeiro potencial, as entidades financeiras deberían definir con maior precisión o seu papel, solucionar os erros cometidos e asumir responsabilidades para lograr un futuro mellor. Sería conveniente lograr unha considerable redución dos niveis de risco e apancamento en xeral, en integrar unha maior transparencia na actividade diaria dos bancos. Ao mesmo tempo, simplificar os produtos financeiros e examinar as dimensións dos bancos nun debate global.

Pero non é doado conseguir que se produza un cambio duradeiro, especialmente cando este cambio implica pasar dun beneficio financeiro a curto prazo a un investimento máis longo prazo para obter un rendemento financeiro, social e ambiental. A sostibilidade, tan predicada nos últimos anos por algunhas as entidades financeiras, converteuse nunha palabra de moda, que cambia de significado segundo quen a usa ou que mesmo non significa nada. Está claro, non obstante, que o mercado de produtos e servizos sostibles está en alza e crece vertixinosamente, porque cada vez máis persoas son conscientes do uso que fan do diñeiro e esixen transparencia aos bancos cos investimentos que realizan.

É normal que se trasladen ao sistema financeiro estes cambios nos hábitos de consumo e un maior sentido de transcendencia social no que facemos. Á fin e ao cabo, todos temos relación co diñeiro e somos responsables deste necesario cambio dun sistema económico que ata agora se rexeu por un principio dominante: conseguir o máximo beneficio no menor tempo posible. A crise financeira permitiu desacreditar o concepto da maximización de beneficios. Isto non significa que este comportamento vaia cambiar. Sería necesario superar ideas profundamente arraigadas. Sabemos que a banca posúe a capacidade para formar parte integrante dunha nova economía orientada ás persoas e ao ámbito.

Deixa un comentario:

You can use these tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

This is a Gravatar-enabled weblog. To get your own globally-recognized-avatar, please register at Gravatar.