Home » Actualidade, Newsletter (outros)

A FLM e a Fundacion Vodafone asinan un convenio para a inserción laboral de lesionados medulares

11 Xullo 2012 0 Comentarios

A FLM e a Fundacion Vodafone asinan un convenio para a inserción laboral de lesionados medulares

redacción falaRSE

Miguel Ángel García-Oca, Presidente da Fundación do Lesionado Medular (FLM) e Santiago Moreno, Director Xeral da Fundación Vodafone España, asinaron un convenio de colaboración, para a posta en marcha do proxecto de inserción Laboral “Formación en Novas Tecnoloxías para o acceso a un emprego de calidade”. Este programa formativo responde aos obxectivos xerais das institucións asinantes de xerar apoios e oportunidades a través da formación en novas tecnoloxías e facilitar a persoas con discapacidade o acceso ao emprego. Para iso desenvolveranse ao longo dun ano diversas accións formativas sobre tres bloques: Audiovisuais, Informática e Radio

O programa formativo “Formación en Novas Tecnoloxías para o acceso a un emprego de calidade” realizarase en distintas fases:

1.- Difusión do Programa entre os usuarios da FLM e noutras asociacións do ámbito da discapacidade.

2.- Selección de participantes, sobre a base dos criterios mínimos requiridos para a realización de cada curso.

3.- Dende Setembro deste ano, ata setembro de 2013, impartiranse os cursos formativos na Sede da FLM.

4.- Accións de intermediación laboral, e así, xestión de ofertas e demandas de emprego, contactos con empresas, acompañamento no proceso, asesoramento, etc.

Deixa un comentario:

You can use these tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

This is a Gravatar-enabled weblog. To get your own globally-recognized-avatar, please register at Gravatar.