Empresas, sector público e sociedade civil presentan as súas propostas e desafíos para Rio+20
redacción falaRSE
A Rede Española do Pacto Mundial, en colaboración co Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, celebrou onte en Madrid o seminario “A Contribución do Sector Público Privado español á Axenda de Rio+20″ no que empresas, sector público e sociedade civil presentaron o seu traballo conxunto en materia de desenvolvemento sostible e adiantaron cales serán as súas achegas ao Cumio de Nacións Unidas, que se celebrará en Río de Janeiro entre os días 20 e 22 de xuño.
Juan de la Mota, Presidente da Rede Española do Pacto Mundial, apuntou que “Rio+20 pretende dar un impulso importante a cuestións complexas que ata agora non tiveron o avance que se esperaba, pero confiamos en que en alí se consiga”. Gonzalo Robles, Secretario Xeral de Cooperación o Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, destacou a importancia do evento porque “Rio+20 chega con moitas cuestións abertas, vai a estar a comunidade internacional e o sector privado tanto social coma empresarial, que vai ter un espazo importante,”.
A continuación, tiveron lugar dous paneis nos que se analizou a contribución do sector privado en materia de sostibilidade. Por un lado, Acciona, Gamesa e Gas Natural Fenosa compartiron o seu traballo en materia de enerxías renovables, moderados por Joaquín Garralda, Secretario Xeral da Rede Española do Pacto Mundial. Acciona destacou que a importancia do compromiso de Gobernos e institucións internacionais. Gamesa, pola súa banda, centrou a súa intervención na enerxía eólica como fonte de enerxía que permite competitividade, eficiencia e beneficios económicos e sociais. Por último, Gas Natural Fenosa explicou como a súa estratexia de loita contra o cambio climático parte da estratexia de
RSE da empresa.
En 2050, o 75% da poboación mundial vivirá en cidades. Por iso, Cidades para un futuro máis sostible foi o tema central do segundo panel, moderado por Isabel Garro, Directora Xeral da Rede Española do Pacto Mundial. Os encargados de expoñer os seus proxectos en materia de “smart cities” foron Endesa, BBVA e Agbar, que expuxeron os seus traballos nos ámbitos das redes eléctricas intelixentes, o uso innovador da información e a incorporación de novas tecnoloxías para solucionar os retos actuais da auga nas cidades.
Tras a pausacafé, foi a quenda do sector público e da sociedade civil. Javier Hernández, da Secretaría Xeral de Cooperación do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación resaltou que o papel das empresas é imprescindible porque os grandes retos en materia de sostibilidade non son posibles se gobernos e empresas non colaboran. “A xestión sostible da auga é fundamental para o noso futuro e neste ámbito o sector empresarial español ten un papel moi importante”, concluíu.
Por parte do terceiro sector interviñeron Sonia Castañeda, Directora da Fundación Biodiversidade, e Víctor Viñuales, Director Executivo de Fundación Ecodes. A Fundación Biodiversidade presentou o microsite que crearon para Rio+20 e que pretende ser un punto de encontro para empresas, gobernos e terceiro sector de cara ao Cumio. Pola súa banda, Ecodes expuxo o traballo da sociedade civil nas dúas principais liñas de acción de Rio+20: economía verde e goberno.
A xornada foi clausurada por Guillermina Yanguas, Directora Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medioambiente, quen apuntou que “as empresas españolas teñen unha gran competitividade exterior e as Administracións Publicas debemos colaborar con elas porque a sostibilidade é un reto común. Só a través de colaboración públicoprivada se conseguirá un crecemento económico sostible, por iso a participación en Rio+20 dará lugar a unha transición cara a unha economía verde, que non será posible sen o traballo das empresas,”.


Castellano
Galego










