Home » Actualidade, Titular

O Chárter da Diversidade incorpora novos asinantes en Aragón

11 Maio 2012 0 Comentarios

O Chárter da Diversidade incorpora novos asinantes en Aragón

redacción falaRSE

A Fundación Diversidade celebra o Día de Europa co primeiro acto de firma do Chárter da Diversidade en Aragón. Nesta ocasión, contamos co apoio do Departamento de Economía e Emprego do Goberno de Aragón, a Obra Social Caixa Inmaculada e a Fundación San Ezequiel Moreno. Durante o encontro, 26 organizacións fixeron público o seu compromiso cos principios do protocolo que fomenta o desenvolvemento da diversidade no ámbito laboral, ademais de cumprir a normativa vixente en materia de igualdade e non discriminación.

O acto contou coa participación de D. Ángel Adiego, Presidente da Fundación San Ezequiel Moreno, quen promove o Chárter da Diversidade en Aragón dentro do seu Programa de Xestión da Diversidade no Ámbito Laboral. Tamén asistiron, D. Jorge Escario, Director Xerente de INAEM e D. Jesús Morte, Presidente de CREA e Vicepresidente de FSEM, institucións que co seu apoio conseguiron que se poida levar a cabo a primeira firma do Chárter da Diversidade en Aragón.

Entre as empresas asinantes, podemos encontrar a Asoc. Empresarios Baixo Cinca, Javierre S.L., Fundesa, General Motors España, Lacor Industrial Quality, Grupo Reciclarte, IA Soft, Künhel Estudios Superiores, Serhogarsystem, Zaragoza Urbana, Grupo Eulen, Auriga Servicios Logísticos, Pyrenalia, Viajes Orienta, Tutza Avanza, Maetel, Maz Sociedad Prevención, AIS, Ceste Escuela Internacional de Regional de Empresarios de Aragón, YOVOY Asesores, AGE Formación y Consultoría, Confederación Regional de Empresarios de Aragón, Fundación para el Desarrollo Socioeconómico del Alto Aragón, Sopesens, 2Happy, Calidad y Estudios Asesoría S.L. Un total de 26 novas entidades que se comprometen cos principios a favor da diversidade que recolle o Chárter.

Experiencias de diversidade

Como exemplo de boa xestión da diversidade, o grupo empresarial aragonés Zaragoza Urbana presentou o seu modelo en torno ao desenvolvemento de medidas que fomentan e benefician a integración de todo tipo de perfís. Desta forma, a organización dedicada ao 100% á xestión de Recursos Humanos conseguiu posicionarse como un referente á hora de traballar coa diversidade xeracional, cultural, xénero…

Proxecto a longo prazo

Sen dúbida ningunha, cada unha das entidades asinantes son exemplo de como a integración das persoas, independentemente da súa raza, sexo, idade, cultura… é a clave para a retención de talento e por suposto, para coñecer de mellor forma o mercado global no que debemos traballar. Proba diso, é que das 400 entidades que xa formaron o Chárter da Diversidade, o 70% son pemes e tan só o 23% son grandes empresas. Dende que en 2009 nacese Fundación para a Diversidade, máis de 400 entidades ratificaron o Chárter da Diversidade en España, o que demostra que cada vez é maior o número de empresas as sensibilizadas nas oportunidades e beneficios que ofrece a boa xestión da diversidade.

A adhesión a este documento é gratuíta e voluntaria e implica o cumprimento dunha serie de principios de apoio á non discriminación e ao cumprimento nas normativas vixentes en materia de igualdade e anti-discriminación.

Deixa un comentario:

You can use these tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

This is a Gravatar-enabled weblog. To get your own globally-recognized-avatar, please register at Gravatar.