Home » Axenda, Titular

Ciclo de Talleres: RSE na cadea de valor para pemes

3 Abril 2012 0 Comentarios

Ciclo de Talleres: RSE na cadea de valor para pemes

redacción falaRSE

O Ciclo “Responsabilidade Social na Cadea de valor para pemes” organizado por polas consultoras N-Nova, AdaptaRSE e Acción49, e avalado por Forética, rede líder en España de organizacións e profesionais da Responsabilidade Social, celebrarase na Cámara de Madrid entre os meses de maio e xuño.

A través dos talleres “Elaboración do primeiro Plan de Responsabilidade Social (3 de maio), Desenvolvemento do primeiro Informe de Sostibilidade” (17 de maio) e Marcas Responsables e web 2.0 (5 de xuño) o Ciclo nace co afán de divulgar de xeito efectivo a Responsabilidade Social Empresarial (RSE) entre as pequenas e medianas empresas madrileñas co fin de mellorar a súa competitividade.

O obxectivo é capacitar ás pemes para dar unha resposta eficaz e de calidade ante as novas esixencias da Administración e das grandes empresas aos seus provedores en materia de Responsabilidade Social Empresarial.

Tanto a “Lei 2/2011, do 4 de marzo, de Economía Sostible” – no ámbito español – coma a Comunicación da Comisión Europea do 25 de outubro de 2011, “Estratexia renovada da UE para 2011-2014 sobre a Responsabilidade Social das Empresas” – no ámbito europeo – reclaman a promoción da RSE entre as empresas, facendo mención expresa das pemes, para as que se identifica a necesidade de políticas de apoio na materia.

As grandes empresas, conscientes de que a súa reputación non só depende da xestión responsable no seu ámbito directo de influencia senón tamén do desempeño social e ambiental da súa cadea de subministración, comezan xa a esixir o cumprimento de requisitos de RSE a pemes provedoras. Neste contexto, a formación e asistencia especializadas para implantar e comunicar de forma efectiva a RSE teñen un gran valor para as pemes, xa que lles permiten defender a súa competitividade fronte aos seus grandes clientes e, nalgúns casos, ata a súa propia subsistencia.

A ampla oferta formativa en Responsabilidade Social Empresarial en España raramente se adapta ao contexto das pemes que, lonxe de estar interesadas en complexas metodoloxías concibidas para a grande empresa, necesitan un enfoque máis directo e práctico. Para elas creouse este Ciclo de Talleres, totalmente novo, deseñado e desenvolvido polas tres empresas que o imparten, AdaptaRSE Solucións, N-Nova Responsables e Acción49, unidas na primeira rede española de profesionais de RSE por unha empresa competitiva.

O curso conta co respaldo de Forética, rede líder en España de organizacións e profesionais da Responsabilidade Social, membro da organización europea CSR Europe.

Máis información e inscricións (click aquí)

www.camaramadrid.es

Deixa un comentario:

You can use these tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

This is a Gravatar-enabled weblog. To get your own globally-recognized-avatar, please register at Gravatar.