Home » Grupos de interese, RSE

“Engagement”: o diálogo responsable

16 Marzo 2011 0 Comentarios

“Engagement”: o diálogo responsable

redacción falaRSE

O termo “engagement”, que na súa tradución literal significa compromiso, responde a un modelo de xestión das organizacións que integra a responsabilidade cos seus grupos de interese por medio dun diálogo activo e permanente con eles.

Ó estar a Responsabilidade Social Empresarial integrada na estratexia das empresas faise necesaria unha interlocución cos grupos de interese de forma que sexan escoitadas as súas demandas e poidan ser satisfeitas buscando puntos de encontro entre os intereses da organización e os dos seus interlocutores, nunha estratexia de mutuo beneficio.

O feito de que unha empresa interactúe cos seus grupos de interese non é novo, sempre existiu, unha emrpesa non existe aillada da súa contorna. Na actualidade, nunha sociedade na que o modelo de gobernanza inponse en numerosos ámbitos, as organizacións non poden ignorar ós seus grupos de interese. Un diálogo bidireccional permanente permite á emrpesa coñecer as súas demandas e adaptarse ás súas necesidades. Para que exista negocio, o cliente esixe respostas ás súas demandas a cambio dun prezo que está disposto a pagar. Para podelas satisfacer, primeiro hainas que coñecer, e que mellor forma que escoitándoos de primeira man e interactuando con eles.

Os grupos de interese son diversos e con características distintas. En cada caso existirán necesidades diferentes e o proceso de “engagement” tambén cambia, pero ten sempre en común a bidireccionalidade, o diálogo.

Os accionistas, cada vez máis, desexan coñecer ademáis da rentabilidade do seu capital, que fai a emrpresa para obtela, que prácticas leva a cabo, sendo a responsabilidade na praxis un valor engadido e tamén o criterio que decide si invirten ou non os seus cartos. Os ISR ou Fondos de Inversión Socialmente Responsables, ademáis dunha rentabilidade económica buscan un retorno social que dé respostas a necesidades sociais, que son coñecidas mediante o diálogo.

No caso dos clientes tamén, ademáis do prezo do producto, queren saber si se fabricou responsablemente, penalizando aquelas actitudes ou prácticas que non sexan responsables coa sociedade e co medio ambiente.


Deixa un comentario:

You can use these tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

This is a Gravatar-enabled weblog. To get your own globally-recognized-avatar, please register at Gravatar.