Home » Actualidade, Newsletter (destacado), RSE, Titular, Web 2.0

A UNED publica a lista dos trinta tuiteiros máis influíntes en materia de RSC

22 Marzo 2012 0 Comentarios

A UNED publica a lista dos trinta tuiteiros máis influíntes en materia de RSC

redacción falaRSE

A Cátedra de Telefónica da Uned acaba de facer pública a lista dos trinta tuiteiros máis influíntes en materia de responsabilidade social corporativa elaborada coa ferramenta Klout, que mide o posicionamento nas redes sociais, segundo recolle Servimedia.

A lista está encabezada por Jordi Jaumà, director da publicación dixital especializada Diario Responsable, cunha valoración de 53 puntos; seguido polo director de Responsabilidade Corporativa de Telefónica, Alberto Andreu, que ten 46 puntos.

O consultor e blogueiro Xavi Agullo ocupa o terceiro lugar do ranking con 43 puntos. A primeira muller da lista é Isabel Roser, directora do programa de responsabilidade social da Fundación Carolina, que está na cuarta posición con 45 puntos.

Os xornalistas dos medios de comunicación tamén están presentes coa presenza de José Alías, xefe da sección de RSC da axencia de noticias Servimedia, con 40 puntos; e a xornalista do diario económico Expansión, Ana Medina, que ten 34 puntos. Tamén incluíron a xefa de prensa da Deusto Business Scholl en Madrid, Arantxa Corella, con 37 puntos.

Ademais, a lista tamén inclúe outros profesionais de distintas empresas como o director de sostibilidade de Acciona, Juan Ramón Silva; a súa homóloga en Meliá International, Esther Trujillo; así como os responsables en BBVA, Antoni Ballabriga e Tomás Cónde. Tamén están Fabian Pastor e Lourdes Tejedor da dirección de responsabilidade corporativa de Telefónica.

O mundo da información especializada en aspectos de responsabilidade social, ademais do mencionado Jordi Jaumà, tamén se encontran presentes Beariz Lorenzo, de Falarse; Juan Royo de CulturaRSE; e Pablo Martín, delegado de Mediaresponsable en Madrid.

O mundo sindical está representado na persoa do responsable de Comfia-CCOO, José Carlos González. Do sector da consultoría están presentes Ramón Pueyo, de Kpmg; e Alberto Castilla, de PwC.

Juan José Almagro, Marta de la Cuesta, Antonio Vives, Helena Ancos, e Arantxa Lorenzo, representan ao sector académico no índice.

Por útlimo, cabe destacar a presenza Miguel Angel García, director xeral do Traballador Autómo, Economía Social do Ministerio de Emprego e Seguridade Social; Victor Viñuales, director de Ecodes; os promotores en materia de RSC Josep Mª Canyelles, Juan Villamayor.

Deixa un comentario:

You can use these tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

This is a Gravatar-enabled weblog. To get your own globally-recognized-avatar, please register at Gravatar.