Home » Galicia, Medio ambiente, Titular

Ence: enerxía e celulosa

20 Decembro 2011 0 Comentarios

Ence: enerxía e celulosa

redacción falaRSE

A compañía fixo público que adopta unha nova marca, que deriva da tradicional, na que incorpora un novo posicionamento (Enerxía e Celulosa), co que busca ser recoñecido como empresa que, ademais de producir celulosa, xera enerxía renovable.

Na actualidade, Ence é a principal produtora de electricidade en España con biomasa forestal, cunha potencia instalada de 180 MW. Para Ence, “o plan é a clave deste reposicionamento. O desenvolvemento desta liña de negocio supoñerá uns ingresos adicionais de 225 millóns de euros anuais e un EBITDA recorrente adicional de 80 millóns de euros cada ano”. “O investimento industrial deste plan -proseguen- superará os de 525 millóns de euros, á que se engadirá a derivada dos cultivos enerxéticos, que ao longo do proceso de execución será de 100 millóns de euros, o que supoñerá xestionar aproximadamente 40.000 hectáreas,”.

A execución do plan, aseguran, avanza a bo ritmo. Os detalles concretos son que se encontra en construción, tras o peche do project finance, a planta de Huelva; que se finalizaron os project finance das plantas de Mérida (Badaxoz) e Melgar de Fernamental (Burgos); que se encontran en trámites administrativos, permisos, autorizacións ambientais, etc. outras tres plantas; e que quedan en proxecto tres máis.

Deixa un comentario:

You can use these tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

This is a Gravatar-enabled weblog. To get your own globally-recognized-avatar, please register at Gravatar.