Galopín participa no Tour do Ano Europeo do Voluntariado
redacción falaRSE
Galopín Parques, empresa galega galardoada o pasado 23 de febreiro, co premio de Voluntariado Corporativo NovartisForética na categoría de Pymes, participará esta semana no Tour Europeo do Voluntariado que ten lugar esta semana en Madrid. A presenza de Galopín no Tour Europeo do Voluntariado articúlase a través dunha mesa redonda que se celebra este xoves 3 de marzo no Palacio Marqués de Salamanca (Madrid). Esta xornada está organizada por Forética en colaboración co Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, e contará coa participación das empresas gañadoras do Premio español de Voluntariado Corporativo, etre elas Galopín, Barclays e o Grupo Vips. A sesión centrarase nas iniciativas de persoas en risco de exclusión. O responsable de RSE de Galopín, Francisco Figueroa, exporá a candidadtura que fixo acreedora a esta empresa galega ó mencioado premio nacional. O Tour Europeo do voluntariado, que percorrerá todos os estados membros da UE, é unha das actividades principais que se levarán a cabo con motivo do Ano Europeo do Voluntariado, organizado conxuntamente polas Institucións Europeas en España (Parlamento Europeo e Comisión Europea), o Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, Comunidad de Madrid, Ayuntamiento de Madrid e a Plataforma do Voluntariado de España. Este Tour permite que diferentes organizacións de voluntarios den a coñecer o seu traballo e compartan entre sí as súas experiencias a través de conferencias, presentacións, talleres, mesas redondas e exposicións fotográficas.


Castellano
Galego











Este xornal sobre RSE es una buena idea que viene a cubrir un hueco en este ámbito en Galicia. Felicidades por la propuesta y mucha suerte para la aventura que habéis emprendido.
Muy interesante todo el tema del voluntariado corporativo. El otro día salió una noticia en Xornal sobre el tema: http://www.xornal.com/artigo/2011/02/23/sociedad/empresa-gallega-galopin-galardonada-emplear-personas-riesgo-exclusion/2011022316580100724.html