Home » Archive

Artigos na categoría: Galicia

Galicia, Titular »

[ 14 Xuñ 2013 | 0 Comentarios ]
Publicadas no DOG axudas para implantar a RSE nas peme galegas

Podes consultar as bases na seguinte ligazón: Bases subvencións RSE 2013
O prazo de solicitude remata o próximo 10 de xullo de 2013.

Galicia, Titular »

[ 28 Mai 2013 | 0 Comentarios ]
Celebrado o “I Encontro de Xuristas e Executivos/as pola corresponsabilidade”

O venres, 29 de maio, tivo lugar o “I Encontro de Xuristas e Executivos/as pola corresponsabilidade“ organizado pola Asociación de Executivas de Galicia.
O evento, aberto polo Vicepresidente do Goberno Galego, Alfonso Rueda, converteuse nun punto de encontro de diferentes puntos de vista de xuristas, empresarios/as e executivos/as respecto das posibles medidas e accións a tomar no ámbito das corresponsabilidade.
A voz dos empresarios/as fíxose visible coa intervención de Guadalupe Murillo Solís, Directora Xeral de Pescamar, que puxo de manifesto a defensa da corresponsabilide aínda que segundo ela “queda moito por facer.

Galicia, Titular »

[ 5 Mai 2013 | 0 Comentarios ]
Vegalsa-Eroski doa a comida do Día da Nai a entidades benéficas de Galicia

A empresa galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski decidiu conmemorar a festividade do Día da Nai doando a comida deste domingo a entidades benéficas de Galicia, informa EP.
A iniciativa lévaa a cabo en colaboración con diversas entidades de carácter benéfico, como a Cociña Económica de A Coruña, de Ferrol e Santiago; a residencia Cottolengo de Santiago; O Refuxio e Renacer de A Coruña; Sal da Terra de Vigo; Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres, tamén de Vigo; o Hospital Asilo A Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia; a Asociación Caridade Santiago Apóstolo …

Galicia »

[ 30 Abr 2013 | 0 Comentarios ]
A Xunta de Galicia publica unha Guía RSE para o sector textil

A Guía dirixida ás Pemes galegas para axudalas a iniciarse nos criterios de responsabilidade social empresarial no sector téxtil e ofrecerlles información sobre ferramentas para introducir un comportamento responsable e comunicalo aos seus grupos de interese.
Guía_RSE_Sector_textil

Galicia »

[ 1 Mar 2013 | 0 Comentarios ]
CEGASAL e Executivas de Galicia asinan convenio de colaboración

O Presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen ánimo de lucro (Cegasal), José Antonio Vázquez Freire, e maila Presidenta da Asociación de Executivas de Galicia, Montserrat Sánchez-Agustino Mariño, asinaron  un convenio de colaboración para favorecer a inserción laboral do colectivo das persoas con discapacidade.
O convenio, que estivo apadriñado polo Director Xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, supón un compromiso para as dúas entidades que acordan desenvolver actividades de concienciación e inserción das persoas con discapacidade dentro do mundo empresarial galego.
O Director Xeral afirmou diante …

Galicia, Titular »

[ 7 Feb 2013 | 0 Comentarios ]
Xunta pro-RSE, unha ferramenta para a xestión da RSE nas empresas

XUNTA PRO-RSE é unha ferramenta software, desenvolvida pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, que a administración autonómica pon ao dispor das empresas galegas de xeito gratuíto.

Galicia, Titular »

[ 23 Xan 2013 | 0 Comentarios ]
A Cofradía de Bueu obtén a certificación do MSC para a pesquería da navalla

Marine Stewardship Council (MSC) anunciou que a Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu foi recoñecida coa certificación de Marine Stewardship Council (MSC) para a súa pesqueira artesanal de navalla (Ensis arcuatus) da Ría de Pontevedra, converténdose na primeira pesqueira de marisco española, a primeira do mundo de navalla a mergullo e a primeira en augas españolas, en obter este certificado.
O MSC é o programa líder a nivel mundial de certificación ambiental de pesqueiras. A obtención do certificado, supón un fito moi importante para a confraría e un recoñecemento a …

Galicia, Titular »

[ 28 Dec 2012 | 0 Comentarios ]
Unicef e Gadisa colaboran na vacinación de 14.200 nenos

Gadisa puxo en marcha unha nova acción solidaria, en colaboración con Unicef, que permitirá vacinar contra o sarampelo 14.200 nenos de diferentes países.
Así, a compañía de distribución cambiou a súa tradicional felicitación de Nadal por unha tarxeta ‘Regalo Azul’ de Unicef, facendo partícipe da campaña solidaria a todas as persoas que compoñen o equipo en Galicia e Castela e León.
Con cada tarxeta que envía, Gadisa colabora con 4 doses de vacinas que permiten inmunizar dous nenos contra o sarampelo, unha enfermidade grave nalgúns países.
Gadisa desenvolve esta campaña no marco do …

Galicia, Titular »

[ 11 Dec 2012 | 0 Comentarios ]
Alvarella, galardoada co Premio EUROSOLAR 2012

Alvarella, empresa galega adicada á educación ambiental foi galardoada co Premio Solar 2012 pola súa instalación de 105 m² de captación de enerxía solar térmica para auga quente e calefacción, ademais de 1 KW de potencia solar fotovoltaica e un aeroxenerador de 3KW.
EUROSOLAR outorga os Premios Solar 2012 aos municipios, empresas municipais, particulares, profesionais da arquitectura e da enxeñaría, propietarios de instalacións de enerxías renovables e organizacións que realizasen actividades e servizos relevantes para promover a utilización e o uso da enerxía solar en todas as súas formas.

Galicia, Terceiro Sector, Titular, Web 2.0 »

[ 5 Dec 2012 | 0 Comentarios ]
A comunicación 2.0 achégase ao terceiro sector

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ven de celebrar a Xornada “Uso das Redes Sociais e a web 2.0 na entidades de Acción Social”. A iniciativa, que se enmarca no Programa de Voluntariado Dixital, busca axudar a integrar esta forma de comunicación na estratexia xeral de mercadotecnia 2.0 das entidades sociais adheridas ao Programa.
A xornada, na que participaron 50 integrantes de organizacións sociais, comezou cunha conferencia de Moisés Limia, do Grupo de Investigación de Novos Medios da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, que …