Artigos na categoría: Newsletter (destacado)
Galicia, Newsletter (destacado), Titular »
A Asociación de Executivas de Galicia entregou o pasado sábado no salón de actos do edificio CERSIA a primeira edición do premio á mellor empresa galega para liderar en feminino a LONZA BIOLOGICS PORRIÑO, S.L, lider en produción de fármacos biotecnolóxicos con máis de 200 empregados en equipo.
Lonza Biologist Porriño foi seleccionada por Executivas de Galicia tras unha profunda análise de información obxectiva a través de indicadores da empresa e subxectiva, a través dunha enquisa realizada entre os empregados da empresa. Este estudo foi definido para este fin por un …
Newsletter (destacado), Titular »
A Asociación de Executivas de Galicia que se presentou publicamente o pasado día 3 de febreiro en Santiago de Compostela, invita ao sector empresarial galego a participar na primeira convocatoria do premio que a Asociación entregará o próximo mes de xullo á empresa que mellor lidere en feminino (representación de mulleres en postos directivos, conciliación vida familiar-laboral, flexibilidade, formación e desenvolvemento, plans de carreira, etc. )
As empresas que destacan pola diversidade nos seus cadros directivos, fano tamén pola súa rendibilidade. Polo tanto, potenciar o liderado feminino é hoxe unha estratexia …
Galicia, Iniciativas, Newsletter (destacado), Titular »
A sociedade é diversa e as empresas deberían ser reflexo desta sociedade. Por iso é de grande importancia que a empresa saiba afrontar esta situación. Se non son diversas, nun futuro próximo seguramente serano. Á organización interésalle xestionar de forma axeitada esta diversidade e aproveitar todo o talento e potencial das persoas que compoñen o equipo, non se debe tratar dunha mera coexistencia de xente.
Cruz Vermella Española en Galicia, a través do seu Plan de Emprego desenvolveu no ano 2011 un proxecto denominado Galicia Suma, que conta co financiamento de …
Actualidade, Empresas, Newsletter (destacado), Titular »
De forma progresiva, a RSE adopta novos marcos de comparabilidade, escúdase tras novas “pautas” que pretenden achegar coherencia á implantación dos principios e valores asociados á xestión responsable. En xeral, estes han de adaptarse á realidade e características de cada sector empresarial ou industrial e é tanto máis complicada a súa implantación canto máis numerosa e complexa é a estrutura persoal e funcional involucrada.
Así as cousas, varias empresas do sector industrial, entre as que destacan Baxter, Mahou-San Miguel, Grupo Siro, Heineken, Iberdrola Ingeniería e Grupo Leite Pascual, reuníronse no primeiro …
Actualidade, Newsletter (destacado), RSE, Titular, Web 2.0 »
A Cátedra de Telefónica da Uned acaba de facer pública a lista dos trinta tuiteiros máis influíntes en materia de responsabilidade social corporativa elaborada coa ferramenta Klout, que mide o posicionamento nas redes sociais, segundo recolle Servimedia.
A lista está encabezada por Jordi Jaumà, director da publicación dixital especializada Diario Responsable, cunha valoración de 53 puntos; seguido polo director de Responsabilidade Corporativa de Telefónica, Alberto Andreu, que ten 46 puntos.
O consultor e blogueiro Xavi Agullo ocupa o terceiro lugar do ranking con 43 puntos. A primeira muller da lista é Isabel …
Actualidade, Empresas, Newsletter (destacado), Reputación, Titular »
A xestión corporativa preséntase, cando camiña da man da Responsabilidade Social, como un campo de experimentación e innovación social na que a empresa desenvolva vínculos e alianzas que repercutan positivamente para si mesma e para a comunidade.
Non cabe dúbida de que a reputación corporativa é un dos activos intanxibles máis importantes e revalorizados nos últimos tempos. Perfílase como o último bastión das compañías, esa táboa salvavidas á que recorren- en caso de tela- cando a recesión e as vacas fracas as ispen das súas grosas carcasas de mercadotecnia e información …
Entrevistas, Iniciativas, Newsletter (destacado), Titular »
Entrevistamos a Montse Sánchez-Agustino, presidenta de Executivas de Galicia
Sen dúbida, a crise económica afectou a todos os sectores e blindou o xa de por si groso “teito de cristal” tan presente no ámbito corporativo. En 2012, no día Internacional da Muller Traballadora, as cifras seguen sen mentir: case o 70% das empresas omite aínda a presenza de mulleres en postos directivos, en contra do case 9% que non conta con presenza masculina nestes cargos. Son, neste contexto, moi importantes todas aquelas iniciativas que buscan achegar visibilidade e liderado feminino nos …
Global, Integración, Internacional, Newsletter (destacado), RSE, Titular »
Volver a mirada á sostibilidade en lugar de deixala vagar polas ramas da voracidade e o escurantismo: este é o desafío. A pesar do seu comportamento implacable e centrado no cortoplacismo, demostrouse que o sector privado é capaz de contribuír significativamente a mellorar o desenvolvemento dos estratos máis desfavorecidos do planeta, axudándose de estratexias empresariais que avoguen pola sostibilidade e o crecemento a longo prazo.
Cada vez máis, o social e o ambiental interconéctanse entre si á hora de buscar solucións enfocadas ao desenvolvemento sostible, entretecendo unha rede sutil de sinerxías …
Empresas, Estudos, Newsletter (destacado), Opinión, Reputación, Titular »
Non cabe dúbida de que o modelo de xestión corporativa máis sostible é aquel que xunta a consecución de beneficios económicos coa integración da Responsabilidade Social Corporativa. Malia todo, a relación entre sostibilidade e resultados financeiros segue estando pouco claro para moitos altos executivos.
Unha enquisa elaborada por Economist Intelligence Unit, de The Economist, revelaba que só o 24% dos executivos entrevistados a nivel mundial cren que existe unha forte relación entre os resultados financeiros e o compromiso coa sostibilidade a curto prazo ( 1 ou 2 anos). Así mesmo, o …


Castellano
Galego

