Artigos na categoría: Europa
Europa, Global, Iniciativas, Newsletter (outros), Titular »
Con motivo da celebración do Foro Económico Mundial, que se celebra en Davos (Suíza) do 25 ao 29 de xaneiro, KPMG desenvolveu un site exclusivo para agregar os comentarios en Twitter e seguir de forma sinxela os temas que serán debatidos na nova edición do Foro de Davos. Esta plataforma, http://www.WEFLive.com, mostrará en tempo real as conversacións dos voceiros invitados que estean a utilizar Twitter para compartir as súas visións dende unha canle única.
“Trátase dunha ferramenta incriblemente útil que centralizará toda a información e conversacións que se xeren no Foro”, …
Europa, RSE »
Máis de 73.000 cidadáns europeos e 140 representantes electos e membros do Parlamento Europeo asinan unha petición, entregada ao comisario europeo de Empresa e Industria, o vicepresidente Antonio Tajani, pola que se pide á Comisión que as empresas que operan na Unión Europea sexan legalmente responsables de calquera impacto que causan ás persoas e ao medio independentemente de onde actúan.
A petición foi coordinada en toda Europa pola European Coalition for Corporate Justice (ECCJ), unha rede europea que engloba 250 organizacións da sociedade civil de 15 países europeos e da cal …
Europa, Galicia, Medio ambiente »
O desenvolvemento rural consiste nun proceso localizado de cambio social e crecemento económico sostible cun obxectivo de progreso permanente.
Os aspectos de especial atención son a mellora da calidade de vida, a creación de emprego, a diversificación económica e a sostibilidade. Tamén a I+D no ámbito do rural é especialmente relevante, como é o desenvolvemento de novos produtos e a adaptación ás novas tecnoloxías.
Máis da metade da poboación da Unión Europea vive en zonas rurais que supoñen o 90% do territorio. Esta circunstancia pon negro sobre branco a relevancia do rural …
Europa, Iniciativas, Selos e certificacións »
Dende os anos noventa, a UE aplica aos produtos agrícolas de calidade diferenciada unha serie de réximes, todos eles cos seus respectivos logotipos:
Indicación xeográfica protexida (IGP)
Especialidade tradicional garantida (ETG)
Agricultura ecolóxica
Alimentos das rexións ultraperiféricas
Entre os alimentos que ostentan en España algúns deses selos encóntranse a cebola de La Mancha, o espárrago de Navarra, as manteigadas de Astorga, a sobrasada de Mallorca, a carne de Ávila, o plátano de Canarias, o turrón de Alicante ou a torta de Santiago.
Europa »
Á vez que a industria alimentaria adoptou unha serie de iniciativas para restrinxir a publicidade de produtos pouco saudables para os nenos, os grupos de consumidores non están convencidos e avogan polo desenvolvemento de criterios máis estritos.
A comercialización de alimentos e bebidas na UE baséase actualmente nun enfoque de autorregulación, mediante o cal as empresas voluntariamente están de acordo en seguir certos códigos de conduta e evitan a promoción de alimentos pouco saudables, en particular aos nenos.
O sedentario estilo de vida occidental e a inxesta de máis calorías das necesarias …
Europa, RSE »
De entre as múltiples directrices e pautas que afloran no panorama internacional destacan as relacionadas con aspectos máis ou menos novos, como os avances das novas tecnoloxías ou a Responsabilidade Social como vía para endereitar a xestión empresarial. Así, os códigos éticos, as directrices sobre economía social e os índices bolsistas responsables- outro método máis indirecto de “guiar” ás empresas polo camiño da sustentabilidade e a transparencia- están á orde do día. Para os adaíles da regulación e da verificación externa, estes son, precisamente, os únicos métodos válidos para garantir …
Estudos, Europa »
É un segredo a voces. As últimas disposicións de Bruxelas en materia de RSE avogan pola unificación e a armonización: a Comisión presentou recentemente a súa estratexia de desenvolvemento sostible ata o ano 2020, establecendo como accións prioritarias o aforro enerxético, o mercado competitivo, o liderado tecnolóxico e a negociación efectiva cos socios internacionais.
Tamén o sector privado se une á tendencia da Responsabilidade Social “paneuropea”. Allen & Overy entrevistou a 100 executivos de compañías europeas centrándose no potencial establecemento de principios corporativos paneuropeos. O estudo, “EU Corporate Governance Report” pode …
Cambio climático, Europa »
Un recorte do 30% das emisións de gases de efecto invernadoiro sería posible en 2020 se Europa cumpre os seus obxectivos de eficiencia enerxética, de acordo cos cálculos da Comisaria Connie Hedegaard.
Existen, con todo, dúas razóns polas que estas conclusións non se manifestan en público.
Unha delas apunta a que as cifras involucradas pon de manifesto unha coñecida disputa entre as Comisións do Clima e da Enerxía. A outra é a falta de coordinación entre departamentos no seo da UE.
Oficialmente, o departamento da Comisión do Clima sostén que unha redución do …
Europa »
Só o 20% das queixas presentadas pola industria da alimentación recibiron soporte científico por parte da EFSA, Axencia Europea de Seguridade Alimentaria.
O observatorio para a seguridade alimentaria da UE publicou a pasada semana o seu veredicto en 442 reclamacións por produtos alimentarios.
O número de queixas rexeitadas non varía con respecto a informes anteriores cun 80% de queixas rexeitadas segundo indica Axencia Europea de Seguridade Alimentaria. Como principal causa de rexeitamento adúcese a súa baixa calidade. Por exemplo erroes na identificación de substancias e falta de rigor científico.
Beneficios de noces, aceite …
Europa, Medio ambiente »
Unha maioría apisoante de cidadáns da UE quere que o peixe que compran proceda de fontes sostibles e non de pesqueiras sobreexplotadas, segundo unha enquisa independente levada a cabo en 14 países da UE. Os europeos non cren ter unha información axeitada sobre a orixe do peixe que consumen. Polo tanto, non resulta sorprendente o apoio unánime a unha reforma profunda da Política Pesqueira Común (PPC) para asegurar a sostibilidade dos produtos pesqueiros no futuro.
Os datos da enquisa mostran que o 88 por cento dos entrevistados cre que é importante …


Castellano
Galego

