Home » Archive

Artigos na categoría: Internacional

Empresas, Global, Grupos de interese, Internacional, Reputación, Titular »

[ 17 Feb 2012 | 0 Comentarios ]
Cadeas de proveedores responsables, un bo aliado da reputación corporativa

Tendo en conta que na actualidade a transparencia é un dos intanxibles máis necesarios para as empresas, estas vense tamén ante o reto de eliminar lagoas de opacidade e mala xestión nun dos ámbitos máis delicados; a cadea de subministración.
Dirixir unha cadea de subministración que admita e sortee as situacións imprevistas nun mundo globalizado onde a incerteza empresarial vai en aumento, é misión imposible a menos que os piares que a soporten sexan realmente firmes, robustos e revestidos dunha pátina de transparencia e veracidade no que se refira á posta …

Global, Integración, Internacional, Newsletter (destacado), RSE, Titular »

[ 1 Feb 2012 | 0 Comentarios ]
Globalización e economía sostible, os novos retos

Volver a mirada á sostibilidade en lugar de deixala vagar polas ramas da voracidade e o escurantismo: este é o desafío. A pesar do seu comportamento implacable e centrado no cortoplacismo, demostrouse que o sector privado é capaz de contribuír significativamente a mellorar o desenvolvemento dos estratos máis desfavorecidos do planeta, axudándose de estratexias empresariais que avoguen pola sostibilidade e o crecemento a longo prazo.
Cada vez máis, o social e o ambiental interconéctanse entre si á hora de buscar solucións enfocadas ao desenvolvemento sostible, entretecendo unha rede sutil de sinerxías …

Acción Social, Global, Globalización, Internacional, Newsletter (outros), Titular »

[ 26 Dec 2011 | 0 Comentarios ]
Visualización do consumo alimentario no mundo

Interesante mapa interactivo sobre o consumo mundial de alimentos. Os autores traballaron dúas variables: por unha banda, o consumo diario de calorías por persoa e, por outro, a porcentaxe media dos ingresos que se invisten en alimentos, representando, en grupos de 20 países, os dous extremos do reparto desigual da comida no mundo. España non se atopa en ningún destes extremos.
Dos países que están no extremo máis baixo de consumo de calorías, en case todos se dedica máis da metade dos ingresos a alimentos. E á inversa, nos países que …

Igualdade, Internacional »

[ 26 Mai 2011 | 0 Comentarios ]
A billa das oportunidades verte únicamente para unha minoría

A auga é un ben escaso para a gran maioría da poboación. É un enunciado moi reiterado no tempo, pero obviado con frecuencia polos mandatarios do denominado concerto internacional. Aqueles que ten a chave na man para abrir e pechar a billa da igualdade de oportunidades.
No asunto da subministración do líquido elemento volvemos encontrar elevadas desigualdades, en función do contexto xeográfico onde fixemos a mirada. Dada a urxencia do asunto, sería necesario elaborar un mapa no que os esforzos da cooperación ao desenvolvemento eviten os problemas futuros.
O cambio climático é …

Acción Social, Internacional »

[ 24 Mai 2011 | 0 Comentarios ]
O Fondo Galego de Cooperación denuncia o ataque sufrido polo seu parceiro en Haití

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade quere denunciar publicamente os ataques sufridos polo seu parceiro en Haití, o Centro para a Cultura e o Desenvolvemento de Carice (SKDK), e que segundo testemuños presenciais foron perpetrados por partidarios do partido oficialista INITÉ.
O clima de inestabilidade tense agravado en Haití dende que se coñeceron os resultados electorais, que ratifican o triunfo presidencial de Michel Martelly e, no entanto, outorgan a maioría parlamentaria a INITÉ. Unha maioría, esta última, que foi posta en dúbida dende diversas frontes