Home » Archive

Artigos na categoría: Iniciativas

Actualidade, Iniciativas, Medio ambiente, Titular »

[ 19 Dec 2012 | 0 Comentarios ]
A Asociación de Bebidas Refrescantes e SEO/BirdLife, unidas pola protección ambiental

A Asociación de Bebidas Refrescantes, ANFABRA, e SEO/BirdLife asinaron un convenio de colaboración para promover accións que contribúan á protección do medio e a sostibilidade, a partir da conservación da biodiversidade mundial, das aves e os espazos naturais.
O acordo que dá inicio a futuras colaboracións, asinárono Fernando Amenedo, Presidente da Asociación de Bebidas Refrescantes, ANFABRA, e Asunción Ruiz, Directora Executiva de SEO/BirdLife.
Neste acto no que se asinou o acordo que dá inicio á colaboración, interviñeron Fernando Amenedo, Presidente da Asociación de Bebidas Refrescantes, ANFABRA, e Asunción Ruiz, Directora Executiva de …

Galicia, Iniciativas, Newsletter (destacado), Titular »

[ 25 Abr 2012 | 0 Comentarios ]
Xestión da diversidade no ámbito empresarial: Galicia Suma

A sociedade é diversa e as empresas deberían ser reflexo desta sociedade. Por iso é de grande importancia que a empresa saiba afrontar esta situación. Se non son diversas, nun futuro próximo seguramente serano. Á organización interésalle xestionar de forma axeitada esta diversidade e aproveitar todo o talento e potencial das persoas que compoñen o equipo, non se debe tratar dunha mera coexistencia de xente.
Cruz Vermella Española en Galicia, a través do seu Plan de Emprego desenvolveu no ano 2011 un proxecto denominado Galicia Suma, que conta co financiamento de …

Actualidade, Iniciativas, Newsletter (outros), Transparencia »

[ 27 Mar 2012 | 0 Comentarios ]
Ence promove o diálogo cos seus inversores

Ence foi seleccionada como a empresa do sector de celulosa e papel que mellor xestiona as relacións cos investidores en Europa, un recoñecemento á transparencia e proximidade ao mercado con que traballa a compañía de enerxía e celulosa. Así o sinalou a edición de 2012 do estudo anual do equipo de investigación europeo do Institutional Investor.
No ranking 2012 publicado pola revista, foron recoñecidos tamén co primeiro posto nas súas respectivas categorías o Director Xeral de Finanzas de Ence, Diego Maus, e o Director de Relacións con Investidores, Rafael Rico.
Ence obtivo …

Actualidade, Iniciativas, Newsletter (outros), Titular »

[ 26 Mar 2012 | Comments Off ]
Os aspectos ambientais e sociais son clave na comunicación cos consumidores

O Clube de Excelencia en Sostibilidade e EROSKI presentaron na sede do Grupo Mahou San Miguel o estudo “Consumo Responsable e Desenvolvemento Sostible: Tendencias de Consumo Responsable 2012″, que foi elaborado coa colaboración de IPSOS España e co apoio do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
O estudo, elaborado a partir das enquisas aplicadas a 1.000 cidadáns e o desenvolvemento de varios focus group, perfila as tendencias en consumo responsable en España e analiza como estas se viron influenciadas polo contexto de crise actual, identifica as barreiras para a expansión do …

Actualidade, Finanzas, Iniciativas, Newsletter (outros), Titular »

[ 19 Mar 2012 | 0 Comentarios ]
Fundación MAPFRE, o Banco de España e a CNMV achegan a educación financeira á sociedade

Fundación MAPFRE, o Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) asinaron un convenio de colaboración para achegar a educación financeira e aseguradora á sociedade. Esta iniciativa conxunta enmárcase dentro das diferentes actividades que a Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE) e a Comisión Europea están a desenvolver para conseguir unha maior concienciación e implicación directa dos cidadáns en temas financeiros, entre os que se inclúen tamén os seguros e os plans de pensións.

Galicia, Iniciativas, Newsletter (outros) »

[ 16 Mar 2012 | 0 Comentarios ]
Vegalsa-Eroski doou en 2011 máis de 425.000 quilos de alimentos e roupa a entidades sociais galegas

A empresa galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski continúa apostando fortemente pola Responsabilidade Social Corporativa (RSC) na súa vertente máis práctica. Desta filosofía empresarial xorde a campaña “Valores”, unha iniciativa que se estenderá durante todo o 2012, dedicada a promover diferentes atributos no conxunto da súa actividade e en toda a súa rede de actuación.
Dentro dela, Doazóns é a protagonista do mes de marzo e resume as principais cifras neste capítulo durante o pasado exercicio. Máis 200.000 quilos de alimentos (un 47,1%) e de 225.000 quilos de roupa usada (un 52,9%) …

Entrevistas, Iniciativas, Newsletter (destacado), Titular »

[ 8 Mar 2012 | 0 Comentarios ]
“Defendemos os dereitos da muller sen ser un ente feminista”

Entrevistamos a Montse Sánchez-Agustino, presidenta de Executivas de Galicia
Sen dúbida, a crise económica afectou a todos os sectores e blindou o xa de por si groso “teito de cristal” tan presente no ámbito corporativo. En 2012, no día Internacional da Muller Traballadora, as cifras seguen sen mentir: case o 70% das empresas omite aínda a presenza de mulleres en postos directivos, en contra do case 9% que non conta con presenza masculina nestes cargos. Son, neste contexto, moi importantes todas aquelas iniciativas que buscan achegar visibilidade e liderado feminino nos …

Galicia, Iniciativas, Integración, Titular »

[ 15 Feb 2012 | 0 Comentarios ]
Nace a asociación Executivas de Galicia

O Museo Pedagóxico compostelá foi o lugar escollido para darse a coñecer a Asociación de Executivas de Galicia, unha entidade de ámbito autonómico que pretende ser un referente social na visibilidade e liderado feminino nos postos laborais de responsabilidade.
A Presidenta de Executivas de Galicia, Montse Sánchez-Agustino Mariño, foi a encargada de presentar tanto a misión como a visión e os valores da entidade que preside, que teñen como finalidade a toma de conciencia do rol que desenvolve a muller na sociedade, no mundo empresarial e no institucional.

Acción Social, Actualidade, Iniciativas, Voluntariado corporativo »

[ 10 Feb 2012 | 0 Comentarios ]
O voluntariado corporativo faise maior

Non cabe dúbida de que o sector privado é moi capaz de contribuír á mellora do desenvolvemento dos estratos máis desfavorecidos do planeta, axudándose de estratexias empresariais que avoguen pola sostibilidade e o crecemento a longo prazo. Á súa vez, hai cada vez máis demandas internacionais para que as empresas sexan máis transparentes e máis responsables para o desenvolvemento económico, social e ambiental nos países en que operan.
Nuns tempos en que o diálogo cos grupos de interese se perfila como a aspiración máxima para unhas compañías tradicionalmente opacas, as alianzas …

Actualidade, Iniciativas, Newsletter (outros) »

[ 1 Feb 2012 | 0 Comentarios ]
Telefónica e a ITU buscan aplicacións de Green TIC para lograr “Enerxía Sostible para todos”. Presenta xa as túas ideas.

Coincidindo coa celebración do “Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos” por parte das Nacións Unidas, a ITU e Telefónica anuncian dúas iniciativas para descubrir usos innovadores das TIC que contribúan ao obxectivo da ONU: a primeira Green ICT Hackathon, un maratón de desenvolvemento de aplicacións green TIC, que se celebrará os días 28 e 29 de febreiro en Barcelona, e a segunda edición do concurso Green ICT Application Challenge, ao que se poderán presentar ideas para promover o uso sostible da enerxía dende este momento e ata o 13 …