Artigos na categoría: Finanzas
Actualidade, Finanzas, Iniciativas, Newsletter (outros), Titular »
Fundación MAPFRE, o Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) asinaron un convenio de colaboración para achegar a educación financeira e aseguradora á sociedade. Esta iniciativa conxunta enmárcase dentro das diferentes actividades que a Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE) e a Comisión Europea están a desenvolver para conseguir unha maior concienciación e implicación directa dos cidadáns en temas financeiros, entre os que se inclúen tamén os seguros e os plans de pensións.
Actualidade, Finanzas, ISR, Newsletter (outros), RSE, Titular »
Tras décadas de xirar en torno a un único poste- a busca de beneficios a curto prazo- a xestión corporativa ten de orientarse cada vez máis a outros intanxibles, desligándose das cifras como único e exclusivo espello da robustez empresarial.
Durante décadas, a viabilidade dos proxectos empresariais foi xulgada segundo as cifras ofrecidas polos ROI (return on investment) obtidos tras o cadre das contas de resultados, supeditando as decisións estratéxicas- enchidas de sutilezas, pródigas en conmutacións- á simplicidade dunha fórmula puramente matemática. Tivo que irromper a peor crise económica dende o …
Finanzas »
O banco Triodos Bank inaugurou en A Coruña a súa nova delegación territorial en Galicia, coa que pretende consolidar a súa presenza nesta comunidade autónoma onde “case 2.500 persoas” son clientas ou están en proceso de selo, segundo informou a entidade con motivo da presentación da súa sede, informa EP.
A entidade europea conta con máis de 285.000 clientes, deles uns 40.000 en España, onde ten delegacións en Cataluña, Baleares, Andalucía, Madrid, Castela e León, Comunidade Valenciana, Aragón e País Vasco, ademais de Galicia.
Na presentación da nova delegación territorial, o director …
Finanzas, Sabías que...? »
As microfinanzas constitúen un servizo financeiro para aquelas persoas de baixos ingresos ou que non teñen acceso á banca tradicional. Non teñen como único obxectivo o mitigar unha situación de pobreza senón facilitar un impulso que permita pór en marcha negocios que afasten á poboación da exclusión social.
As cantidades prestadas adoitan ser pequenas en comparación aos préstamos concedidos pola banca tradicional. Este concepto de pequenos préstamos concedidos a persoas de poucos recursos foi acuñado por Muhammad Yunus que creou o concepto dos microcréditos, concedidos en Bangladesh tras unha catástrofe natural.
Existen …
Estudos, Finanzas, Informes »
A promoción, o impulso e o financiamento de proxectos que ostenta un forte compoñente social ou ambiental ou conceden grande importancia á Responsabilidade Social Corporativa, son case sempre tarefas complexas e desafiantes, moito máis complicadas que encarar un proxecto empresarial tradicional. Partindo da base de que a preocupación polo desenvolvemento sostible é a estrela -empresarial, institucional, mesmo mediática- dos últimos tempos, non resulta estraño que o sector financeiro, tan deostado e zorregado tras os reveses financeiros dos últimos tempos, comezase tamén a apostar fortemente polo tema abordando prácticas de xestión …
Finanzas, RSE »
Durante décadas, as cifras puras e duras exerceron a súa hexemonía, donas e señoras dun trono que valoraba por riba de todo a consecución de beneficios e de liquidez. A crise económica conseguiu que o panorama se considere a través dun prisma moi distinto. A concepción dunha “realidade financeira ética”, dende os seus tímidos esbozos dende entidades como a ASN Bank Holandesa, o banco GLS Gemeinschaftsbank ou a italiana Banca Popolare tivo que percorrer moito camiño, desligándose da súa inicial situación de nicho, para acabar consolidándose como unha nova oportunidade …
Acción Social, Finanzas »
Trátase da iniciativa Regalo Azul de Unicef coa que Novaxaixagalicia colaborará adquirindo 150.000 doses de vacina contra a poliomielite. O que axudará a erradicar o virus dos países en vías de desenvolvemento onde esta enfermidade ten aínda carácter endémico. Esta colaboración permitirá inmunizar 50.000 nenos.
A campaña desenvolverase dentro da promoción dos seguros de saúde Cuida de ti, coida de 25 nenos. Esta campaña levarase a cabo na rede de oficinas nos meses de abril e maio. A través do ‘Regalo Azul’ de Unicef, Novacaixagalicia adquirirá 75 doses de vacina por …
Finanzas, Medio ambiente »
O cambio climático mostra a súa cara máis escura nun dos momentos históricos menos oportunos, co mundo convaleciendo aínda, fráxil, tras os devastadores efectos da peor recesión a nivel mundial desde o crack de 1929. E a esta crise-económica e de confianza- que deixou tras de si un amargo resaibo de desazón e apatía, úneselle outra non menos dramática: a crise dun planeta que se retorce e adoece baixo o xugo dunha ameaza que nin as vas promesas dos líderes mundiais nin, por suposto, o errado Cume de Copenhague foron …
Finanzas, Sabías que...? »
A banca ética representa unha nova concepción do mundo financeiro no que as entidades se basean en criterios negativos ou positivos para levar a cabo o seu modelo de negocio. Os primeiros abstéñense de investir en actividades ou empresas que vulneren os criterios definidos pola entidade. Algunhas actividades que habitualmente se exclúen son a produción de armamento, as que levan implícita a explotación laboral e o traballo infantil, a destrución do medio, a produción de tabaco e de alcohol ou o comercio de drogas. Á súa vez, os bancos éticos …
Finanzas, Opinión »
Por Esteban Barroso, director xeral de Tríodos Bank
Existen tres cuestións entrelazadas entre si e que explican a difícil situación actual que vivimos no mundo: un sistema financeiro complexo, o cambio climático e unha pobreza global profundamente enraizada. Modificar as bases dun sistema financeiro que fracasou para satisfacer aos que debía servir, daríanos unha oportunidade para encontrar unha solución duradeira aos problemas sociais e ambientais máis urxentes.
¿Que papel pode desempeñar o sector bancario para achegar solucións duradeiras ás grandes cuestións actuais? E que debe cambiar no sector financeiro para que os …


Castellano
Galego

