Home » Archive

Artigos na categoría: Grupos de interese

Actualidade, Empresas, Fundacións, Grupos de interese, Integración »

[ 30 Out 2012 | 0 Comentarios ]
DOWN ESPAÑA e FUNDACIÓN BARCLAYS impulsarán o emprego das persoas con síndrome de Down

DOWN ESPAÑA e FUNDACIÓN BARCLAYS veñen de asinar un acordo de colaboración polo que se comprometen a desenvolver o proxecto “Empleabilidad Down”, que impulsará a contratación laboral de persoas con síndrome de Down. O acordo foi asinado polo Presidente de DOWN ESPAÑA, José Fabián Cámara Pérez, e a directora xerente de FUNDACIÓN BARCLAYS, Beatriz Morilla, na sede de BARCLAYS.
“Empleabilidad Down” é un completo programa que consta de formación, busca de emprego e contacto con empresas, todo iso a través da metodoloxía de Emprego con Apoio, na que un Preparador Laboral …

Empresas, Global, Grupos de interese, Internacional, Reputación, Titular »

[ 17 Feb 2012 | 0 Comentarios ]
Cadeas de proveedores responsables, un bo aliado da reputación corporativa

Tendo en conta que na actualidade a transparencia é un dos intanxibles máis necesarios para as empresas, estas vense tamén ante o reto de eliminar lagoas de opacidade e mala xestión nun dos ámbitos máis delicados; a cadea de subministración.
Dirixir unha cadea de subministración que admita e sortee as situacións imprevistas nun mundo globalizado onde a incerteza empresarial vai en aumento, é misión imposible a menos que os piares que a soporten sexan realmente firmes, robustos e revestidos dunha pátina de transparencia e veracidade no que se refira á posta …

Empresas, Global, Grupos de interese, Titular »

[ 14 Feb 2012 | 0 Comentarios ]
As auditorías aos provedores de Apple verán a luz en marzo

Fair Labor Association (FLA) fará públicas, durante o mes de marzo, as auditorías e recomendacións das inspeccións que fará aos provedores de Apple despois de que a firma de Cupertino anunciase este luns o inicio destas.
Apple asegurou, a través dun comunicado, que o equipo de auditores liderado polo presidente de FLA, Auret van Heerden, comezaron o seu traballo con visitas a distintas fábricas entre as que figuran as de Foxconn en Shenzhen e Chengdu (China), sendo a de Shenzhen a primeira recibir a visita dos expertos.

Fundacións, Galicia, Grupos de interese, Iniciativas, Newsletter (destacado), Titular »

[ 14 Dec 2011 | 0 Comentarios ]
N-NOVA traducirá “RS PEMES” ó galego

Fundación Alares e Mekit seguen traballando na difusión e promoción da plataforma web “RS Pemes”. Froito diso, é o acordo ao que chegaron coa consultora N-Nova, especializada en achegar solucións e asesoramento ás empresas, tanto do sector público coma do terceiro sector. N-Nova únese ao proxecto RS Pemes e comprométese a traducir ao galego a aplicación web para facela accesible a un maior número de empresas. Desta forma, Fundación Alares e Mekit queren tamén poñer en valor a diversidade de linguas cooficiais que conviven no noso país e a necesidade …

Actualidade, Grupos de interese, RSE, Titular, Web 2.0 »

[ 30 Nov 2011 | 0 Comentarios ]
RSE 2.0 e Web 2.0, unha alianza de futuro

O poder do cidadán na era dixital, o poder do stakeholder no seo dunha compañía, son os únicos-e potentes-motores que fan falta para que a RSE e a Web 2.0 viaxen no mesmo vehículo. Como xa expuxo Tim O’Reilly en 2005: “Detrás de cada éxito daqueles xigantes nacidos na era da “Web 1.0″ que sobreviviron na era 2.0, parece existir un mesmo principio: lograron tomar o poder da Web para canalizar a intelixencia colectiva”.
Sobre redes sociais, comunicación e RSE- RSE “consciente”, de segunda xeración ou RSE 2.0, integral e integrada” …

Grupos de interese »

[ 23 Mai 2011 | 0 Comentarios ]
Ence prima aos propietarios de montes e pemes forestais

A empresa propón á Federación de propietarios forestais galega un marco estable de relación que prime aos asociados de Promagal e potencie as pequenas e medianas empresas de servizos forestais.
Ence propuxo a Promagal establecer un marco de relación que potencie a relación directa e prime o papel dos propietarios de montes e das pequenas e medianas empresas de servizos forestais en lugar do dos grandes intermediarios.
Este marco estable traduciríase, de levarse a cabo, nunha redución dos custos loxísticos e un recoñecemento de Promagal como interlocutor directo de Ence, o que …

Grupos de interese »

[ 18 Mai 2011 | 1 Comentario ]
Publicidade responsable; publicidade crible

Nun escenario económico que concede crecente importancia á información transparente, ao diálogo cos grupos de interese e ás ferramentas de xestión responsable como base das compañías, a publicidade e a mercadotecnia seguen sendo, en moitos casos, verdadeiros redutos de verniz, buenismo e información nesgada.
Pero é importante para lograr a confianza e credibilidade dos consumidores que a esaxeración e a información “manipulada” non formen parte das mensaxes publicitarias. A nivel comunitario, a Alianza Europea de Ética Publicitaria (EASA) ten a misión de velar en maior medida por que as partes interesadas …

Entrevistas, Grupos de interese »

[ 9 Mai 2011 | 1 Comentario ]
“Non vexo obstáculos para a RSC na actualidade, todo son oportunidades”

É a primeira cadea de supermercados que lanza unha campaña publicitaria, “Vivamos coma galegos”, baseándose en tópicos e elementos da identidade galega para “recordarnos a nosa excepcional forma de vida”. Unha campaña que parte xa, segundo a compañía, dunha estratexia de Responsabilidade Social Corporativa que pasa polo contacto directo coa sociedade galega como principal grupo de interese da empresa. Como afirma o director de marketing de Gadisa, Antonio Cortés Lobato en declaracións exclusivas a falaRSE, “o cliente de hoxe e máis aínda no futuro rexeita as empresas non comprometidas coa …

Grupos de interese »

[ 25 Abr 2011 | 0 Comentarios ]
Os consumidores de Beijing critican a Zara por estar “pouco aberta ao diálogo”

A Asociación de Consumidores de Beijing, membro da Asociación Nacional de Consumidores (CCA), de financiamento público, criticou na prensa á empresa galega Zara por eludir o diálogo para resuelver problemas detectados ao investigar sobre a composición de pezas vendidas en China,según informa Efe. A Asociación dixo que informou dos resultados das súas tres investigacións en plumíferos e pantalóns en 2009, 2010 e o pasado marzo, ao departamento de Administracion Industrial e Comercial de Beijing. Tamén destacou nun comunicado que, por primeira vez encontra unha empresa estranxeira establecida en China que …

Grupos de interese, RSE »

[ 13 Abr 2011 | 0 Comentarios ]
O “valor do accionista” desínchase na nova era de RSC integrada

Tras décadas de escurantismo e malas prácticas, tras as consecuencias dunha voraz crise económica en gran parte motivada pola desidia e os afáns cortoplacistas, saltou á palestra a importancia do Goberno Corporativo á hora de manter o equilibrio económico. A busca de respostas e novos modelos máis sostibles responde o clima de absoluta desconfianza que reina na actualidade entre todos os grupos de interese. Un pasado callado de medidas de infravaloración do risco e persecución custe o que custe do “cash” pásalles agora factura ás empresas, que ven oscilar sobre …