Artigos na categoría: Sector público
Axenda, Galicia, Iniciativas, Medio ambiente, Newsletter (axenda), Sector público, Titular »
O Concello de Ourense a través da Concellería de Educación achégase ó Nadal cun programa de actividades para as vacacións de decembro na Aula da Natureza do río Miño. A partir 20 de decembro e ata o 5 de xaneiro terán lugar obradoiros nos que se pretende reutilizar todo tipo de materiais para facer xoguetes. O obxectivo desta actividade, baixo o lema _Aprende a facer os teus xoguetes_, é coñecer as tres R: reciclar, reutilizar e reducir, convertindo residuos en xoguetes que os nenos se levarán a súa casa unha …
Galicia, Sector público »
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e mais a Federación Galega de Municipios e Provincias reforzarán os seus lazos de colaboración a prol da solidariedade internacional. A asemblea xeral da Fegamp aprobou por unanimidade a pasada fin de semana unha proposta de resolución neste sentido que foi presentada pola presidenta do Fondo, Teresa París, e que recibiu unha exitosa acollida por parte dos asistentes.
Perante o novo ciclo dos gobernos locais, o texto aprobado propoñía a creación, no seo da Fegamp, dunha Comisión Permanente de Relacións Exteriores na que o …
Galicia, Sector público, Titular »
A innovación ecolóxica camiña a grandes pasos. O pasado día 22 levouse a cabo en Compostela o lanzamento dun proxecto europeo para crear ecosistemas empresariais a través da innovación. Foi durante o seminario “Creando ecosistemas empresariais a través da innovación”, no que tamén se aprobou o Pacto Atlántico pola Eco-innovación xunto cos demais socios europeos do proxecto. O acto contou coa participación do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo.
Eco-Innova é un proxecto europeo transnacional do que é socio a Fundación Galicia Europa e no que participan …
Galicia, Sector público »
A construción constitúe un dos sectores prioritarios dentro do ámbito de actuación da Estratexia galega de prevención de riscos laborais 2011-2014. Esta “folla de ruta a medio prazo” foi un dos primeiros acordos alcanzados no seo do diálogo social en Galicia.
Así o destacou a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que presidiu a entrega dos premios á prevención de riscos laborais que outorga a Asociación de empresarios da construción de Lugo (Apec).
Galicia, Sector público »
A iniciativa, que organiza Aspanas e financia a Consellería de Traballo e Benestar, é “un innovador plan” que se basea en tres eixos: os servizos á poboación como factor fundamental para manter ás persoas no medio rural; as oportunidades de emprego que xeran e a garantía de igualdade de dereitos nas zonas rurais.
O proxecto de inserción laboral levouse a cabo este ano nas zonas termais de Baños de Molgas e da Peroxa e no concello de Arnoia. Nas zonas termais desenvolveuse un curso de xardinaría, restauración de áreas naturais e …
Sector público »
A partir de hoxe luns e ata o vindeiro xoves celebrarase en Bruxelas a IX Edición da Semana das Rexións e das Cidades (Open Days), na que Galicia, a través da Fundación Galicia Europa, participará de xeito moi activo.
Así, unha das citas destacadas dos Open Days será o mércores 12 na Fundación Galicia Europa, que acollerá un seminario sobre o futuro das rexións que saen por primeira vez do Obxectivo de Converxencia, organizado polo consorcio de rexións CROWC (Convergence Regions On the Way to Cohesion), que lidera Galicia.
Global, Newsletter (outros), Sector público »
Seguimos fracasando como seres humanos no momento que izamos a bandeira da humanidade. Insistimos en utilizar unha desas teas de mala calidade que o tempo evidencia coa degradación das cores e a propia insignia. A insaciable meta do enriquecemento persoal e unha nefasta distribución dos recursos constrúe un escenario marcado pola desgraza para preto de 350 millóns de nenos no planeta.
Non é a primeira ocasión que Save the Children tenta atizar nas conciencias coa arrepiante confirmación dunha escaseza de primeira orde. Acaba de denunciar que “son precisos 3,5 millóns de …
Newsletter (outros), Sector público »
Unha das principais preocupacións de Adif é o respecto ao medio ambiente. Por iso, destina o 12% do orzamento de construción a garantir a súa integración ambiental, asegurando o cumprimento das Declaracións de Impacto Ambiental (DIA) para respectar escrupulosamente o ecosistema das zonas polas que discorre e minimizar o seu impacto visual, acústico e paisaxístico.
As medidas de protección e integración ambiental, postas en práctica por Adif, responden a un dos compromisos da Política de Medio Ambiente da compañía, incluída á súa vez dentro do Plan Empresa Cidadá. Desta forma, Adif …
Sector público »
A Comisión Europea anunciou os seus plans para seguir mellorando o recoñecemento e a promoción do voluntariado na UE. No marco do Ano Europeo do Voluntariado 2011, a Comunicación da Comisión sobre as políticas da UE e o voluntariado expón unha serie de medidas que contribuirán a promover as actividades de voluntariado na UE.
No documento presentado hoxe, o primeiro adicado en exclusiva ao voluntariado, a Comisión describe as accións previstas co obxectivo de promover o voluntariado a nivel da UE, entre as que destacan:
- A creación dun Corpo Voluntario Europeo …
Iniciativas, RSE, Sector público »
A Rede Española do Pacto Mundial de Nacións Unidas celebrou a súa 7ª Asemblea Xeral, na que se presentaron aos socios as actividades realizadas, os proxectos a futuro, as contas anuais e se procedeu á renovación dos estatutos da asociación.
Os encargados de presentar a Asemblea foron o presidente, Juan de la Mota, a directora xeral, Isabel Garro, o secretario xeral, Joaquín Garralda, e o tesoureiro, Ignasi Fainé.
Ademais, a Rede Española contou co apoio como letrada de Elisabeth de Nadal, socia de Cuatrecasas Gonçalves Pereira, entidade membro do Comité Executivo da …


Castellano
Galego

