Artigos na categoría: Acción Social
Acción Social, Actualidade »
Dr. C. Soldan e Cruz Vermella queren ‘adozar’ a vida das persoas con máis dificultades do noso país. Nos últimos tempos, a actual crise económica agravou a situación de moitas familias españolas, ata o punto de que, segundo datos de Cruz Vermella, máis de 1 de cada 5 familias no noso país vive baixo o albor da pobreza. Por esta razón, Dr. C. Soldan realizou unha doazón dos seus caramelos de farmacia Em-Eukal, ´ os únicos coa bandeiriña ´, a Cruz Vermella Comunidade de Madrid, co obxectivo de contribuír a …
Acción Social, Galicia »
A pasada semana lugar na sede central de Meniños a presentación da “Guía de Impacto da Violencia de Xénero sobre nenos, nenas e adolescentes”. Na mesma, participaron Kucha Movilla, Directora Técnica da Fundación Meniños, Valentín Escudero, Director da Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar da Universidade da Coruña, María da Paz Pimentel, Xefa da División de Acción Social do Instituto para o Desenvolvemento Social do Goberno de Azores, e Rubén Lima Santos, Representante do Centro de Terapia Familiar e Intervención Sistémica de Azores.
Este traballo trasnacional elaborado por diversas …
Acción Social, Titular »
Técnicas municipais de Ourense, Malpica de Bergantiños e Soutomaior viaxan esta semana a Nicaragua e Cabo Verde para colaborar con parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Os tres municipios son socios da entidade e, polo tanto, os seus empregados e empregadas poden participar en Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional que promove o intercambio de experiencias e o coñecemento directo da realidade dos países do Sur.
A ourensá Lucía González, técnica da Concellería de Termalismo, apoiará a partir deste xoves 27 de setembro o proxecto de desenvolvemento …
Acción Social, Newsletter (outros), Titular »
Nos últimos tempos, a Comisión Europea insistiu en que a súa estratexia de RSE vai centrarse en aspectos como a boa xestión ou a transparencia, sobre todo aquilo que ten que ver con criterios ambientais, sociais e de bo goberno, co obxectivo de chegar a un nivel mínimo de información de todas as empresas nos distintos países membro.
Así mesmo, quere incidirse na urxencia de que Europa avale os mecanismos xa existentes en materia de RSC, así como a necesaria conexión entre RSC e competitividade empresarial, moi necesaria para desligar o …
Acción Social, Actualidade, Iniciativas, Voluntariado corporativo »
Non cabe dúbida de que o sector privado é moi capaz de contribuír á mellora do desenvolvemento dos estratos máis desfavorecidos do planeta, axudándose de estratexias empresariais que avoguen pola sostibilidade e o crecemento a longo prazo. Á súa vez, hai cada vez máis demandas internacionais para que as empresas sexan máis transparentes e máis responsables para o desenvolvemento económico, social e ambiental nos países en que operan.
Nuns tempos en que o diálogo cos grupos de interese se perfila como a aspiración máxima para unhas compañías tradicionalmente opacas, as alianzas …
Acción Social, Axenda, Cultura, Galicia, Terceiro Sector, Titular »
A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) veñen de abrir o prazo para inscribirse na segunda edición do Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’. A acción formativa inclúe unha expedición a Marrocos onde cinco estudantes traballarán con ONG locais.
O obxectivo do Seminario é capacitar xornalistas e futuros xornalistas no coñecemento da comunicación social e, máis concretamente, da comunicación para o desenvolvemento, impulsando así a difusión, promoción, denuncia e educación en materia de cooperación e solidariedade.
Acción Social, Global, Globalización, Internacional, Newsletter (outros), Titular »
Interesante mapa interactivo sobre o consumo mundial de alimentos. Os autores traballaron dúas variables: por unha banda, o consumo diario de calorías por persoa e, por outro, a porcentaxe media dos ingresos que se invisten en alimentos, representando, en grupos de 20 países, os dous extremos do reparto desigual da comida no mundo. España non se atopa en ningún destes extremos.
Dos países que están no extremo máis baixo de consumo de calorías, en case todos se dedica máis da metade dos ingresos a alimentos. E á inversa, nos países que …
Acción Social, Titular »
Chega o I Foro Galego sobre Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado
A EAPN organiza o I Foro Galego sobre Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado: dende a políticas ás persoas.
É un ambicioso proxecto no que participan máis de 30 especialistas e que pretende:
- Situar a realidade da pobreza e a exclusión social en Galicia no primeiro plano da axenda política e mediática galega.
- Que se coñezan as obrigas que supón para a Xunta de Galicia, os concellos e a sociedade galega a Estratexia Europa 2020 e o Plan …
Acción Social »
As principais plataformas sociais formularon un escenario a medio prazo aos parlamentarios, que consiste na aprobación, na próxima lexislatura, dunha lei de promoción do terceiro sector social que dote a esta realidade social dun marco xurídico e financeiro estable e de apoios, segundo informa Socialia.
Os representantes sociais reuníronse cos voceiros da Comisión de Política Social do Congreso dos Deputados e presentaron ao Congreso o documento de propostas para mellorar o financiamento público do terceiro sector de acción social, que contén unha batería de medidas de acción para fortalecer a sostibilidade …
Acción Social »
A responsable de Proxectos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Andrea García Corzo, atópase en Cabo Verde para supervisar de primeira man as iniciativas apoiadas pola entidade no arquipélago africano. Nuns casos tratarase de supervisar proxectos que acaban de ser executados e, noutros, de comprobar os efectos a máis medio ou longo prazo de proxectos máis antigos.
A técnica visitará nos próximos quince días as illas de Santiago, Santo Antão, Fogo e Brava, onde se reunirá con representantes de sete municipios parceiros do Fondo Galego. Tamén manterá xuntanzas con membros …


Castellano
Galego

